MariñaPatrimonio,
ADEGA e o Colectivo
“Pensamento e Sementeira”
tememos que os inmediatos temporais costeiros acaben por destruír o
xacemento arqueolóxico de Estabañón e pedimos ás institucións
competentes, Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que
tomen medidas precisas, urxentes e eficaces para evitar o seu
progresivo deterioro.
Xa
en 2014, os fortes temporais evidenciaron a fraxilidade dalgúns
xacementos arqueolóxicos costeiros da Mariña e, de todos eles,o que
máis deterioro sufriu foi o xacemento viveirense de Estabañón,
unha vila e factoría romana emprazada na praia de Area. A súa
localización no mesmo areal faino especialmente vulnerable ao efecto
devastador das ondas. Os temporais do ano pasado destruíron varias
estruturas da factoría e provocaron a perda de abundante material
arqueolóxico.
Ante
esta desfeita, o Servizo de Costas, inexplicablemente, retirou as
árbores situadas diante de parte do xacemento que, segundo expertos
consultados polas organizacións mencionadas, representaban unha
barreira natural de protección para o xacemento. Esta desafortunada
actuación súmase a outras igual de desatinadas que se teñen
realizado con anterioridade en Estabañón, como o intento de
construción dun paseo marítimo sobre o xacemento ou a falta de
protección, durante anos, nas catas arqueolóxicas levadas a cabo
por Costas.
Na
actualidade, sen outra medida protectora que unha insuficiente e
ridícula capa de xeotéxtil e 30cm de area que cobren o xacemento,
Estabañón é máis vulnerable que nunca. A falta dunha actuación
axeitada evidencia o escaso interese das institucións que teñen a
obriga de protexer este ben arqueolóxico; porén, evitar a súa
desaparición débenos importar tamén aos viveirenses e mariñaos
que debemos esixir que se tomen as medidas necesarias para que
xacementos coma este non se destrúan. E teñen que tomalas xa.
Sem comentários:
Enviar um comentário