A
Consellería de Cultura abre dilixencias informativas sobre este caso
e contradí cos seus informes os emitidos no seu día polo Servizo de
Patrimonio de Lugo.
Ó
redor do Castro da Trinidade1
Como
resultado das denuncias presentadas polas asociacións ADEGA e Mariña
Patrimonio, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio
Cultural enviou un documento ao Concello de Mondoñedo onde se
informa que “con motivo das dilixencias
informativas abertas
por explotación de canteira no lugar de Vilamor” esta canteira
“ocupa
terreos do ámbito protexido do xacemento Castro da Trinidade,
alterando substancialmente o terreo e subsolo, sen que dita
intervención teña amparo dunha autorización desta
Administración”.
Neste
mesmo documento recoñécese que dita explotación
ocupa tamén “superficie do territorio histórico do Camiño de
Santiago do Norte”.
Por
outra parte, Patrimonio sinala que este ben patrimonial está
catalogado e que en 1997
establecéranlle límites á canteira para protexer a mencionada zona
arqueolóxica.
Esta
documentación da Subdirección Xeral de Patrimonio baséase nos
informes realizados por arqueólogos da Dirección Xeral de
Patrimonio de Santiago. Uns informes que contrastan,
contradín e mesmo deixan en evidencia os elaborados polo Servizo de
Patrimonio Cultural de Lugo. Desde
o Servizo provincial pretendíase
demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, así como xustificar
as desfeitas provocadas por Canteras Santa Cecilia, argumentando que
se trataba dunhas “antigas remocións de terras” nunha “canteira
hoxe abandonada”.
Cómpre
lembrar que o Servizo de Patrimonio de Lugo mesmo tiña solicitado a
descatalogación deste sitio arqueolóxico; descatalogación e
desprotección que non se chegou a materializar porque o Servizo de
Lugo posiblemente non tiña seguido os procedementos legais para
conseguilo. A
descatalogación do xacemento conlevaría uns beneficios económicos
moi elevados para a empresa propietaria da canteira e legalizaría a
posible situación irregular, derivada da ocupación e explotación
dunha zona arqueolóxica protexida.
En
2018 ADEGA e Mariña Patrimonio denunciaban
perante a Fiscalía
a posible ocupación e destrución do sitio arqueolóxico pola
canteira, así como o intento de desprotección do xacemento por
parte do Servizo de Patrimonio de Lugo, achegando ambas asociacións
probas que contradín os informes elaborados por este Servizo. Agora
é a propia Dirección Xeral de Patrimonio a que achega probas dos
posibles danos no Castro de Trinidade e no Camiño de Santiago,
deixando en evidencia o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo.
Sem comentários:
Enviar um comentário