https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/7215770
11/11/2018
Viaxe de Mariña Patrimonio por Ourense e Portugal
Aquí podedes ver algunhas fotos da viaxe de Mariña Patrimonio a Ourense e Portugal.
https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/7215770
1950118471?fbclid=IwAR1lMoUlN5riR2Y_0AtCtmkvxESml0D8o7Sa2u9MwSyxCdlkOnl2dxvQ7i8
https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/7215770
10/18/2018
COÑECENDO O PATRIMONIO VIVEIRENSE DA MAN DE CARLOS NUEVO
Arredor
de vinte persoas participaron na visita guiada convocada por Mariña
Patrimonio para coñecer o patrimonio relixioso e civil de Viveiro.
Nesta ocasión, o Presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro
e Cronista oficial do concello, Carlos Nuevo, acompañounos durante
toda a xornada. Boa falla fixo se consideramos o moito que hai para
ver en Viveiro.
Iniciouse
a visita na elegante igrexa de Santa María do Campo, unha verdadeira
xoia do románico, achegándonos a continuación ao outro gran templo
de Viveiro, San Francisco, coa súa espléndida ábsida gótica e o
Claustro do antigo convento franciscano.
O
percorrido polo patrimonio civil centrouse nas diversas portas da
cidade e un interesante paseo polas rúas, canellas e prazas máis
significativas, o que nos permitiu coñecer curiosidades da vida
urbana doutros tempos, así como das familias e persoeiros que
tiveron maior relevancia histórica para a cidade.
Despois
dun agradable xantar na taberna Rancho Chico de Celeiro, dedicamos a
tarde a visitar Chavín para coñecer a obra dun persoeiro
fundamental na historia contemporánea viveirense, o industrial José
Barro, protagonista da vida económica de Viveiro da primeira metade
do século XX
A
nosa admiración e gratitude a Carlos Nuevo, gran coñecedor e
divulgador da historia de Viveiro, pola seu saber e a súa
xenerosidade.
+ Fotos:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157700988582151/with/30452109207/
10/09/2018
ADEGA E MARIÑA PATRIMONIO DENUNCIAN NA FISCALÍA A DESTRUCIÓN DO CASTRO DE TRINIDADE – FLORES DE MONDOÑEDO
A
Xunta incumpriu o seu deber legal de protexer o xacemento e permitiu
a súa irreparable destrución por parte dunha canteira.
As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o pasado 17 de
setembro varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes
disposicións do Departamento de Patrimonio Cultural, da Consellaría
de Cultura, da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de
delito. Unha destas denuncias fai referencia á destrución do Castro
de Trinidade-Flores, situado entre os concellos de Mondoñedo e
Lourenzá (Lugo).
ADEGA
e Mariña Patrimonio informaron a Fiscalía de que a empresa
propietaria da canteira do Monte da Trinidade puido ter ocasionado
danos irreparables na meirande parte deste ben patrimonial, e que a
Xunta de Galicia incumpriu o seu deber legal de protexelo, malia a
ter recibido varias denuncias, tanto por parte de particulares, como
da Asociación de Fabricantes de Formigón ou das organizacións
ADEGA e Mariña Patrimonio. Estas últimas tiveron que recorrer ao
Valedor do Pobo para poder acceder á documentación relacionada con
estes feitos e solicitada infrutuosamente a Patrimonio Cultural. A
isto hai que engadir, que a Administración galega tiña no seu poder
diferentes informes arqueolóxicos alertando de que a canteira estaba
a destruír o xacemento.
Pola
súa parte, persoal técnico da Xunta elaborou un informe no que se
pretendía demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, coa
finalidade de quitarlle a protección que lle corresponde, a pesar de
que os citados arqueólogos contaban con numerosa documentación que
certificaba a existencia do Castro de Trinidade-Flores, o cal xa
figura desde os anos 90 no Inventario e no Catálogo de bens
patrimoniais de Galicia. Ademais, neste xacemento castrexo atopárase
en 2008 un excepcional machado votivo de bronce, feito que tamén
parece pasar desapercibido para o departamento de Patrimonio da
Xunta.
A non
paralización das actividades mineiras que afectaban ao castro, xunto
cos informes elaborados polos técnicos da Xunta para desprotexelo,
puideron ser determinantes para a destrución deste ben patrimonial.
A día de hoxe a canteira continúa a destruír o xacemento sen que a
Xunta nin Concello fagan nada para evitalo.
Foto: Museo do Castro de Viladonga
10/03/2018
PATRIMONIO CIVIL E RELIXIOSO DE VIVEIRO
DIA: 13 DE OUTUBRO
HORARIO:
MAÑÁ: 10h - 14h
TARDE:
16h - 19h
Mariña Patrimonio
organiza un desprazamento a VIVEIRO o día 13 de
outubro para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis
salientable da vila e os seus arredores. Contarase coa colaboración
de Carlos Nuevo, e vanse visitar edificios relixiosos (igrexas de Sta
María e San Francisco) e o casco histórico, así coma a
contorna de Chavín.
As persoas interesadas
que nolo fagan saber canto antes, con data límite luns 8 de outubro
, indicando nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle
interesan, para termos tempo de reservar o xantar. O mércores
10 informarase ás persoas interesadas do importe da actividade, en
función das opcións elixidas, así como do número de conta de
Mariña Patrimonio.
Roteiro Rueta - Sargadelos
O
pasado domingo, acompañados dun tempo excelente para camiñar,
iniciabamos a tempada de actividades de outono en colaboración coa
Asociación cervense, A Fervenza de Sargadelos, cunha tranquila e
cómoda ruta pola beira do río Xunco desde a súa desembocadura en
Rueta ata o seu paso polo conxunto histórico de Sargadelos.
A
andaina foi precedida dunha visita á punta de Rueta, onde se ubica
un dos castros costeiros máis interesantes da comarca, pola súa
atípica forma e as súas imponentes defensas. A limpeza do seu
acceso, realizada polos operarios municipais, permitiu entrar neste
xacemento, que permanece moi ben conservado debido á súa ubicación.
Puidemos ver tamén os petróglifos que se atopan na proximidade do
castro, en particular, o único con círculos concéntricos atopado
na comarca.
Río
arriba percorremos o abundante conxunto de muíños que o Xunco
alimentaba en tempos pasados, dos que desgrazadamente só se
conservan a metade, algúns deles certamente espectaculares pola súa
dimensión e que merecerían unha intervención a prol da súa
conservación.
A
xornada rematou cara ó mediodía no entorno do Conxunto Histórico
de Sargadelos, onde o nutrido grupo de 60 participantes fixo a
pertinente foto e amosou a súa satisfacción pola fermosa mañá que
pasamos xuntos.
9/20/2018
Roteiros por Cervo
As asociacións Mariña Patrimonio e Acr Fervenza de Sargadelos, coa colaboración do Concello de Cervo,
organizan dous roteiros polo municipio cervense. A finalidade é dar a
coñecer o entorno natural, paisaxístico e cultural, así como xacementos
arqueolóxicos e outros restos de antigas construcións.
O primeiro
deles será o vindeiro 30 de setembro de mañá. A ruta comezará cunha
interpretación do Castro de Rueta. Despois collerase o sendeiro que vai
desde a praia pola beira do río Xunco, no que se encontrarán diversos muíños, para rematar no conxunto histórico de Sargadelos.
O segundo realizarase o 27 de outubro e durará toda a xornada. A Fraga
de Trasbar, de grande diversidade ecolóxica e medio ambiental para alén
de se encontraren restos de carboeiras, será o punto de inicio da
camiñada. Continuará polos Montes Cabaleiros, os cales permiten unha
vista panorámica da bisbarra, para dar fin noutro xacemento
arqueolóxico, como é o Castro da Senra.
Roteiro Rueta – Sargadelos (30 setembro)
Punto de encontro: Aparcadoiro Paseo dos Namorados
Hora: 9h 30
Duración: 3 horas aprox, finalizando no mesmo Paseo dos Namorados
Dificultade: Media, distancia 6 km, levar roupa axeitada
Prezo: 5€ (Aboar na conta e Mariña Patrimonio, ES84 2080 0160 4830 4000 7104 indicando nome, apelidos e nome do roteiro no concepto)
Inscrición: Até o 26 de setembro. Enviar correo-e a mr.patrimonio@gmail.com ou fervenzadesargadelos@gmail.com indicando: nome e apelidos, idade, DNI, teléfono, e-mail e copia do comprobante de pago.
Inclúe: Desprazamento en bus até o inicio do roteiro (Rueta) e seguro.
Roteiro Fraga de Trasbar – A Senra (27 outubro)
Punto de encontro: Casa do Concello (Cervo) desde onde nos trasladaremos en bus ata a Caseta dos Cazadores en Rúa
Hora: 10 h
Duración: Mañá e tarde, finalizando na Senra con posterior traslado en bus ata a Casa do Concello.
Dificultade: Media, distancia 11 km, levar roupa axeitada
Prezo: 5€ (Aboar na conta de Mariña Patrimonio, ES84 2080 0160 4830 4000 7104 indicando nome, apelidos e nome do roteiro no concepto)
Inscrición: Até o 23 de outubro. Enviar correo-e a mr.patrimonio@gmail.com ou fervenzadesargadelos@gmail.com indicando: nome e apelidos, idade, DNI, teléfono, e-mail e copia do comprobante de pago.
Inclúe: Desprazamentos en bus e seguro.
NOTA: Cada persoa debe levar a súa comida para o almorzo.
Animádevos!!!
Roteiro Rueta – Sargadelos (30 setembro)
Punto de encontro: Aparcadoiro Paseo dos Namorados
Hora: 9h 30
Duración: 3 horas aprox, finalizando no mesmo Paseo dos Namorados
Dificultade: Media, distancia 6 km, levar roupa axeitada
Prezo: 5€ (Aboar na conta e Mariña Patrimonio, ES84 2080 0160 4830 4000 7104 indicando nome, apelidos e nome do roteiro no concepto)
Inscrición: Até o 26 de setembro. Enviar correo-e a mr.patrimonio@gmail.com ou fervenzadesargadelos@gmail.com indicando: nome e apelidos, idade, DNI, teléfono, e-mail e copia do comprobante de pago.
Inclúe: Desprazamento en bus até o inicio do roteiro (Rueta) e seguro.
Roteiro Fraga de Trasbar – A Senra (27 outubro)
Punto de encontro: Casa do Concello (Cervo) desde onde nos trasladaremos en bus ata a Caseta dos Cazadores en Rúa
Hora: 10 h
Duración: Mañá e tarde, finalizando na Senra con posterior traslado en bus ata a Casa do Concello.
Dificultade: Media, distancia 11 km, levar roupa axeitada
Prezo: 5€ (Aboar na conta de Mariña Patrimonio, ES84 2080 0160 4830 4000 7104 indicando nome, apelidos e nome do roteiro no concepto)
Inscrición: Até o 23 de outubro. Enviar correo-e a mr.patrimonio@gmail.com ou fervenzadesargadelos@gmail.com indicando: nome e apelidos, idade, DNI, teléfono, e-mail e copia do comprobante de pago.
Inclúe: Desprazamentos en bus e seguro.
NOTA: Cada persoa debe levar a súa comida para o almorzo.
Animádevos!!!
8/15/2018
A ILUSIÓN DE ATOPAR OURO MARIÑÁN
No
obradoiro de bateo de ouro en Alfoz, organizado por Mariña
Patrimonio en colaboración co Concello de Alfoz e que dirixiu o
xeólogo Fran Canosa, os participantes atoparon un total de vinte
areíñas de ouro, un número considerable para este tipo de
actividade. Desta xornada, sen dúbida, destacamos a ilusión das
persoas afortunadas que atoparon unha destas areíñas de ouro
mariñán.
8/12/2018
Colocan cartel de prohibido aparcar no castro de Benquerencia
O propietario da parcela do castro da
Punta de San Pedro de Benquerencia (Barreiros), que está sendo
utilizada como aparcadoiro, coloca un cartel advertindo que é
propiedade privada e que non se pode aparcar nela. Consideramos
lamentable que os responsables da protección do patrimonio e os
encargados de que se cumpra a protección patrimonial das normas
municipais non asuman as súas obrigas e continúen ausentes. Sen o
apoio e sen a implicación das Administracións,veremos se abonda co
esforzo e coa vontade do propietario da parcela para solucionar este
problema.
8/08/2018
COÑECENDO O PATRIMONIO CIVIL E RELIXIOSO DE LOURENZÁ
O
noso agradecemento ao Concello de Lourenzá e ao guía municipal,
Antón Expósito, que nos axudou a preparar as visitas, nos acompañou
e nos aportou interesante información; ao párroco D. José, que nos
permitiu e facilitou o acceso aos templos parroquiais, e á guía do
pazo polas súas explicacións e por adaptarse ao noso horario.
Un
éxito tamén a parte gastronómica na casa de comidas O
Xiraldo,
que nos deixou un grato sabor de boca.
Finalmente,
agradecemento ao noso compañeiro Antón Niñe, que propuxo esta
visita e nos acompañou aportando o seu coñecemento, así coma un
“doce” remate para esta xornada.
+FOTOS:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157698337831001
+FOTOS:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157698337831001
8/07/2018
ADEGA E MARIÑA PATRIMONIO DENUNCIAN O USO DUN BEN PATRIMONIAL COMO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS NO CONCELLO DE BARREIROS.
ADEGA
e Mariña Patrimonio vimos de denunciar no SEPRONA a utilización do
Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de
Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocaravanas.
Este
castro é
un ben
patrimonial incluído
no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de
Barreiros e a súa
cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección
patrimonial. As
Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros
outórganlle ao Castro de San Pedro unha proteccion que consideramos
que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como
aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes
vehiculos, posto que esta práctica pode estar provocando danos no
xacemento, un ben patrimonial protexido.
Dado
que as actividades que se están a realizar no Castro
de San Pedro probablemente son
contrarias á normativa urbanística
e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas
correspondentes licenzas e autorizacións, solicitamos que se
comprobe se o uso que se está a dar no Castro
da Punta de San Pedro é
conforme á legalidade e que, no caso de non selo, se paralicen as
actuacións contrarias a Dereito nun
ben patrimonial incluído no catálogo de bens protexidos polo
planeamento urbanístico.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


