5/10/2019

VISITA DE MARIÑA PATRIMONIO POLOS BENS PATRIMONIAIS DO CONCELLO DE MAÑÓN


Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 25 de maio un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de Mañón. Aínda que dos detalles das visitas se informará máis polo miúdo, adiántase que serán guiadas e que se visitará Bares, O Barqueiro, as Ribeiras do Sor e as Grañas do Sor.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Foz e faría as paradas intermedias necesarias ata Bares. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10h00 ata as 19h00, cunha pausa para o xantar de 14h00 a 16h00.
O prezo da actividade é de 2€ para as/os socias/os e 12€ para as persoas que non o sexan; o bus serían 10€ e o xantar 15€. Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse enviando un correo a mr.patrimonio@gmail.com , no que se indicará o nome, se é socio/a ou non, e as opcións do bus e do xantar. A data límite para facelo é o 16 de maio e o venres 17 informarase ás persoas anotadas sobre o importe e o número de conta.

Sem comentários: